lunes, 13 de julio de 2009

GREENPEACE NOMEA O CAMPO DE GOLF DE O GROVE NO SEU INFORME "DESTRUCCIÓN A TODA COSTA"




Fonte: Diario de Arousa


Greenpeace publica anualmente un informe, “Destrucción a toda costa”, no cal fai un seguimento e chequea a saúde dos espazos costeiros do Estado español, con especial incidencia naquelas áreas protexidas.

No informe correspondente a este ano, 2009, que vén de ser presentado esta mesma semana, Greenpeace tamén se centra na situación da comarca do Salnés e os riscos e ameazas existentes na mesma e que penden sobre a súa franxa costeira.

Neste sentido, esta coñecida organización que se autodenomina “ecoloxista e pacifista internacional”, centra as súas preocupacións no complexo Ons-O Grove, indicando que é un epazo que engloba aos concellos de “Illa de Arousa, Vilanova, Cambados, O Grove, Sanxenxo e Bueu”.

Tras resaltar no seu informe os principais valores naturais do complexo, “endemismos de especies vexetais. No mar presenza do golfiño mular e do ameazado cabaliño de mar”, Greenpeace sinala as ameazas que penden sobre o espazo natural: Urbanismo e contaminación.

No que respecta ao urbanismo, en “Destrucción a toda costa” critícase que “a pesar das diferentes figuras de protección galegas, estatais e europeas” o Concello do Grove aprobou “a construcción dun campo de golf dentro do Espazo Natural Protexido”, indicando que este complexo situaríase no “monte Siradella, o que afectaría ao sistema dunar coa consecuente perda de flora e fauna asociadas”. Neste mesmo apartado, Greenpeace tamén fala da construcción na Illa de Arousa de “120 apartamentos de luxo a menos de 100 metros do mar” nunha zona de “especial protección dos valores naturais de Galicia” como é o municipio arousá.

Pola súa parte, Sanxenxo é definido neste informe coma “prototipo de medre salvaxe e especulación”, criticando o PXOM aprobado en 2003 “que vai permitir a construcción de máis de 11.000 novas vivendas, estando 2.400 en obras, a metade delas a menos de 100 metros do mar”.

Neste concello das Rías Baixas, Greenpeace tamén alerta a prensenza dunha “depuradora insuficiente” que presenta, indican no estudo presentado esta mesma semana, “altos niveis de contaminantes”.

O Salnés non é a única zona da Ría de Arousa que figura neste informe elaborado por Greenpeace. A zona da Barbanza tamén aparece mencionada, coma no que respecta ao Complexo Húmido de Corrubedo, no concello de Riveira.

A organización ecoloxista apunta como ameazas para os valores naturais dese espazo protexido “o urbanismo (7.000 novas vivendas en Porto do Son), infraestructuras (macropiscifactoría en Ribeira) e contaminación (polígono industrial do Xarás en Riveira sen tratamento de augas)”.

domingo, 12 de julio de 2009

Cartelada contra o Campo de Golf









O LAGARTEIRO (FALCO TINNUNCULUS)



O Lagarteiro (Falco tinnunculus) é unha fermosa rapiña que podemos observar de cotío, cando paseamos ou pasamos en tránsito polo Bao.

Gusta de "peneirarse", ou manterse estáticamente en voo, para quedarse quedo sobre a súa presa e lanzarse en picado no preciso instante, para cazar ese ratiño ou toupa que está a observar dende as alturas do ceo. Pertence á familia das falcónidas, ou sexa que é como se fose curmán segundo do popular Falcón Pelegrín (Falco peregrinus).

É unha rapiña de tamaño pequeno. Na zona da Siradella, ten querencia por sobrevoar a zona das dunas e o piñeiral, gusta moito de enrocharse nos cantís das antigas minas de granito, onde atopa o lugar perfecto, para facer o seu niño e posterior posta de ovos. Resulta unha ave moi beneficiosa para o campo, xa que fai presa principalmente nos roedores -coma, por exemplo, ratos e toupas- e cumpre un efecto controlador sobre a poboación destes animais.

Pódeselle observar na zona dos antigos depósitos de Feáns, pousado nas súas barandas de ferro, tendo algún exemplar como pousadoiro, a vella torre onde había un pombal.

sábado, 11 de julio de 2009

FOTO DO AZOR (ACCIPITER GENTILIS)

Aves rapaces no entorno de Feáns-Siradella

O longo do desenrrolo deste blog, trataremos de ir introducindo á xente na fauna e flora que se atopa no entorno de Feáns-Siradella. Consideramos de vital importancia, que os defensores ou potencialmente defensores do campo, coñezan unha parte importante do interese que ten para todos este especial lugar.

Ademáis tamén tentaremos que sexa un revulso, para que os defensores do campo de golf sigan chamándonos demagogos os que estamos en contra.... Canta máis información teña a xente que está interesada na protección deste espazo natural, menos credibilidade terán os que teñen tantos intereses na realización do proxecto do campo de golf.

Aí vai, o segundo personaxe de esta histoira que non é nada máis e nada menos que: O Azor (Accipiter gentilis).

O Azor, é unha rapiña que habita na espesura dos bosques. O seu hábitat preferido na península meca son os piñeirais dos outeiros da Siradella-Feáns así como a marxe de caducifolias de A Belenda. Dado a especial abundacia na zona de Feáns de Pombo bravo (Columba palumbus) que é unha das suas presas favoritas, na zona podese observar os movementos de unha parella destas rapiñas. Esta rapiña, ademáis tamén soe predar nos Esquíos, cos cales batense en duelos espectaculares, entre os piñeiros, dada a tremenda axilidade destes roedores.

Son coma a maioría das rapiñas, aves moi territoriais, polo que unha soa parella destes animáis, soe abarcar moitas hectáreas de terreo arbolado como o seu territorio de caza e cría. Hai datos de cría con éxito, na zona; aínda que tamén do estrago dun niño no ano 96...

Para rematares, dicir que estas aves están protexidas coma todas as rapiñas. Non toleran ben a presenza do home, especialmente na época de cría, polo que si se ven molestas pronto abandonaran o niño; podendo ser catastrófico si abandonasen a posta ou os pitiños. Polo que evidentemente, non aturarían a presión humana que resultaria dun campo de golf.

Compañeir@s, aqui temos unha das multiples razóns, polas que estamos e estaremos en contra. Sen esquecer ó noso amigo o Sapiño de esporóns, que se encontra en Galicia, ¡¡nunha situación crítica!!, anfibio que teremos sempre presente e que queremos facer baluarte da defensa do monte da península de O Grove.

jueves, 9 de julio de 2009

Sapo de Esporóns, especie ameazada


O Sapo de Esporóns (Pelobates Cultripes), é unha especie ameazada, que habíta no monte Siradella, en concreto na zona de Feáns.
A relevancia deste sapo é que dentro do noso territorio solo exíste ao sur da provincia de Pontevedra e no monte Siradella, e está dentro do catálogo de especies amenazadas, enmarcandose na categoria de especies de interese especial según o Real Decreto 439/1990 con data do 5 de abril de 1990. Así como por norvativas europeas como a Directiva 92/43/CEE de Hábitats: Anexos II, IV na que se recolle a importancia da conservación do hábitat para dita especie protexida.
Algúns dos factores que ameazan a esta especie son as modificacións do seu hábitat reproductor por drenaxes ,destrucción, contaminación e modificacións dos medios
acuáticos, destruccións de dunas e un longo etc.

Estes datos todos podedes ter acceso na páxina do Ministerio de Medio Ambiente

Esté é outro motivo máis para que non se leve acabo o proxecto do campo de golf no monte siradella, para non lebar a extinción deste animal que desgraciadamente xa está en perigo.