jueves, 8 de abril de 2010

Tempos Escuros.




Xa ben coñecida é a política de tapadillo que fai o nos alcalde, primeiro reindivica a creación dun campo de golf, para meses despois ser o gran defensor do "eco-turimo". Se isto é unha retificación, un raio de sol tocou a súa cara iluminando ese pequeno ecoloxista que hai nel, doulle a miña noraboa. Pero seguindo o gran refraneiro "pensa mal e acertarás", penso que isto , unha vez máis é un "queda ben", non unha retificación. Despois da desbandada que fixeron os seus complices firmantes do "manifesto" a prol do campo de golf, el non iba a ser menos, tampouco o iba a decir publicamente, sexamos sinceros, o noso alcalde non é famoso por mollarse. As últimas noticias que saen do noso querido concello, é a desfragmentación que xa todo o mundo o sabia que iba a pasar.
Como se di pola rúa "estes non volven o jobierno nin de coña".

Unha pregunta "empeza" a resoar nas cabezas, daqueles que desfrutan da natureza, deses radicais que non queren un campo de golf, eses radicais que non queren que cheguen camions cheos de cartos ao Grove... Que pasará cando a oposición chegue ao goberno? Sinxela é a resposta.

Visto o visto, o único raio de esperanza para a nosa Siradella residia no Plan de Ordenación do Litoral, que impedia a costrucción do campo de golf en plena rede natura.
A Xunta, con Nuñez Feijoo ao fente xa se encargou en botar abaixo dito plan. Ese mesmo plan que impedia a construcción de 300 chalets en Sanxenxo.

Para que se vexan ben as intencions da Xunta, mirade esta nocicia:

A Xunta autoriza unha mina a ceo aberto ás portas das Fragas do Eume refugando a lexislación ambiental


As Fragas do Eume constan dunha protección elevadisima, xa que é un Parque Natural.
Para que vos fagades unha idea, os grados de protección son os seguintes:

Espacios Protexidos:

Parques Nacionais

Parques Naturais : Fragas do Eume

Monumentos Naturais

Humedais Protexidos : Complexo intermareal Umia-O Grove , A Lanzada, Punta Carreirón e lagoa Bodeira

Reserva da Bioesfera

Rede Natura

Se a Xunta de Galicia, aproba unha mina a ceo aberto nas fragas do eume, que pensades vos que pasará coa nosa Siradella ¿?

Tempos escuros parece que veñen sobre o noso monte.