miércoles, 5 de agosto de 2009

O MOUCHIÑO DAS ORELLAS (Otus Scops)



O Moucho das orellas, ou tamén coñecido como Autillo (Otus Scops) é outro habitante máis da avifauna do entorno do monte Feáns-Siradella. É unha das rapiñas de menor tamaño, de toda Europa e ten unha apariencia moi graciosa e un canto doce, que se pode escoitar polas noites de verán. Esta especie e de especial interese dado que está en clara regresión, en toda a franxa litoral galega.

Na provincia de Pontevedra, O Grove pode ser un dos poucos sitios onde habite e nidifique esta especie;un último reducto, xunto co pinal do monte central de A Toxa.

Esta é unha especie protexida (a lo menos no papel....), dado que non se toman medidas de protección sobre unha especie, tristemente ata o momento no que se chega a unha situación case de colapso, (exemplos: Lince Ibérico,Águia Imperial, etc....

Esta é unha ave moi sencible ó uso de insecticidas, dado que a sua dieta é case que por completo insectivora, incluindo tamén micromamíferos na sua dieta. Non sabemos moi ben, que efectos directos tería sobre esta ave, a creación dun campo de golf, pero de seguro que nada bos.

Quero agradecer expresamente a D. J.C. Epifanio, que nos cedese unha foto do Moucho das Orellas sacada precisamente na zona de Feáns-Siradella, pousado nunha acacia.

Unha testemuña máis de que o proxecto do campo de golf é un disparate: O Moucho das Orellas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non se permiten insultos nin descalificacións aos usuarios deste blog, todas as opinions son respetables pero hai outros foros e páxinas onde facer debate.
ESTE BLOG É CONTRARIO AO CAMPO DE GOLF DA SIRADELLA.
Todos os comentarios serán revisados e eliminados se os administradores así o vexan necesario.