domingo, 28 de febrero de 2010

As casetas da Feria Internacional de Ornitoloxía na que participa O Grove (PROXECTO PIO) voan polos aires


Ola amiguiños!! ¿Como están vostedes? BEEEEEEEENNN, isto debeu ser o que foron facer alguns a Monfrague: o paiaso.

Xa vedes, como está o patio.....algo revolto, máis ben tempestuoso diría eu..

Últimamente non valía moito a pena facer entrada algunha no blog, para comentar as "movidas" que se traen o "alcaide" e demáis "c.o. munisipal"....; parece que xa se aburriron un pouco de quentarlle os cascos ó pobo coa disparatada idea do campo de Golf, ademáis de que o bijotes, "flautista de Hamelin", se fora a tocar a flautiña para a Toxa, ou para o campo de golf de Meis...a ver si é certo aquel conto dos irmáns Grimm e o seguen os/as rat@s que temos no pobo e se van todos coa musica a outra parte..

Para comenzar, xa están pagando a sua hipocresía co seu proxecto PÍO, (máis ben parece un nome dunha marca comercial de piensos compostos para animais, ou de un selo de productos cárnicos derivados do polo ou pito, como máis gostedes). Unha putada, que na alhada se vise implicada unha traballadora da carpa e un axente da benemérita e esperemos que a cousa só fose un susto sin consecuencias fisicas para ninguén.
O que sí me parece divertido é que as suas mentiras, en forma de "flyers", "trípticos", "carteis" e demáis zafarrancho de combate, saísen literalmente voando, como o fan os alavancos cando se levantan do seu repouso no Vao..., jejeje. Aí tedes a vosa dobre moral... - Un campo de golf en Feans, sería un claro revulsivo económico para el pueblo...., - Presentamos el Proyecto PÍO, Proyecto de "Inversión" Ornitológica....INVERSIÓN E SINÓNIMO DE CONSERVACIÓN??.

O que a vosa dobre moral vos proporciona (cartos e papeis), que o vento volo quite. As palabras as leva o vento, iso é o mesmo que vos sucedeu e sucederá, as vosas palabras e papeis, sairan voando; porque coma esas carpas, fáltalles uns bos cimentos e unha boa suxección: a verdade.

P.D: Molestádevos en corrixir a vosa web: o Ánade azulón (Anas platyrynchos), non é a Cerceta común (Anas crecca); polo menos non facedes o ridículo mais, ante os posibles visitantes do voso espazo web. Aínda que me extraña, que estando tan ben asesorados polo voso "Staff" ornitolóxico...., se lles escapase unha errata así...., os cartiños igual lles obnubilaron a mente, igual conservan o sua afeizón por coleccionar paxariños en estado lamentable e cans cun metro e medio de cadea ó pescozo, ou o seu afán de protagonismo de sempre.

ADEUS AMIGUIÑOS!! ATE O PRÓXIMO EPISODIO DA CONCELLALÍA DE MEDIO AMBENTE E DEFESA DA NATUREZA GROVENSE...