domingo, 1 de noviembre de 2009

Contácto


Se vos queredes por en contácto coa nosa plataforma, podedelo facer nesta direción:
nonaocampo@gmail.com

martes, 6 de octubre de 2009

O concello e a súa hipocresia en stereo



Unha vez máis vemos a hipocresia e a fachada desta nosa amada corporación municipal encabezada polo señor Cacabelos.

Como xa coñecemos todos, o apoio unánime de toda a corporación municipal* ao proxecto destructivo "campo de golf de Feáns", saen agora, e como podemos ver na web de turismo do concello, con toda unha exaltación do turismo ecolóxico como é o sendeirismo.

Citando textualmente as palabras do concello na súa web :

La “Ruta dos Lagarteiros”, con algo más de 2 km, nos conduce por los senderos escarpados del monte Siradella.

Durante 1 hora y media podremos divisar algún "lagarteiro" (cernícalo), pequeña ave de rapiña, adorada por los agricultores ya que limpian de insectos y pequeños roedores las cosechas.

En este recorrido obtendremos unas claras vistas del istmo de A Lanzada y, al tiempo, de las espectaculares rocas graníticas que abundan en toda la península de O Grove.

Para todos aqueles que non sepades desta rota de sendeirismo, é a rota principal de sendeirismo do monte Siradella, recorendo gran parte da zona na que se pretende construír o debandito campo de golf.

Como ben din neste texto a rota descurre polo hábitat natural do Lagarteiro que nós aquí xa mencionamos.

Parece ser que unha vez máis o noso concello xoga a dúas bandas, como ven facendo co proxecto PIO e por outra banda coa defensa da construción do campo de golf.

Gustaríanos saber quen redactou este artigo nesta páxina web, se foi a encargada de Medio Ambiente Noemí Outeda Prol ou o encargado en Turísmo o señor Jorge Olleros Rodríguez ¿?



*O BNG e EU rexeitan actualmente a construcción do campo de golf, pero foron firmantes do documento promovido polo promotor.

martes, 22 de septiembre de 2009

O Raposo e a Ghaliña



Xa nada se fala do proxecto destrutor "Campo de Golf da Siradella", parece que a diversidade de frontes abertas no concello, está facendo fraquear este proxecto.

Paradoxicamente o mesmo concello que pretende destruír a Siradella para facer un campo de golf, presume dos traballos para a "adecuación" medioambiental na Lanzada, ou impulsa ese maravilloso proxecto PIO.
Se esta actitude por parte do concello fose extrapolada a unha persoa, diríase que padece dun transtorno bipolar, pero xa nada sorpende por parte deste Concello noso, por onde saltará a ghaliña?

miércoles, 5 de agosto de 2009

O BNG de O Grove, rexita a proposta do Campo de golf da Siradella, tras o informe lexistativo é mediambiental

Noticia extraida do Diario de Arousa 5 de Agosto de 2009.

El BNG de O Grove ha vuelto a exponer públicamente su oposición rotunda a la construcción de un campo de golf en la zona de A Siradella, en esta ocasión aportando datos de un informe realizado para determinar los posibles efectos de las obras que se realizarían en el lugar.

Así, en referencia a un documento de apoyo firmado hace algunos meses por el cuatripartito, Carlos Álvarez Besada volvió a matizar que se trataba de un texto en el que solicitaban informes para ver la viabilidad del proyecto.

Del mismo modo, reconoció haber firmado otra acta en el mismo sentido “sen compromiso e que foi terxiversada pola empresa”.

En cuanto al contenido del informe elaborado por el BNG, uno de los principales puntos que puso Victoria Canoura sobre la mesa fue que hace cinco años el proyecto incluía un uso residencial, hotelero y piscina. Actualmente, se restringe sólo al campo de golf y al BNG le resulta “extraño” que la valoración de viabilidad sea la misma en ambos casos e incluso se mantenga la creación del mismo número de puestos de trabajo.

Así, desde el BNG resaltan que en ningún momento se presentó un estudio de viabilidad económica que avalara estas declaraciones.

Por otra parte, los nacionalistas recuerdan que la Comunidad Económica Europea advirtió en su día que para dar su apoyo a un proyecto de estas dimensiones debería ir acompañado de una evaluación de impacto ambiental. En este punto Canoura resaltó que “se a teñen non a achegaron”.

En un tercer lugar, a los nacionalistas les preocupa el consumo de agua que puede llegar a necesitar una instalación de estas dimensiones, ya que otros campos de golf en situación parecida a la que estaría el de A Siradella consumen entre 4.000 y 14.000 litros por hectárea y día.

Canoura manifestó que esta situación tendrá un impacto doble: Por un lado los pesticidas o herbicidas se podrían incorporar al flujo de aguas subterráneas llegando así a zonas de riego, consumo o incluso a contaminar la playa de A Lanzada o la Ensenada de O Bao, y por otra parte, este consumo requerirá una infraestructura adecuada.

Asimismo, apuntan que podría haber restricciones en el consumo de agua en verano, lo que perjudicaría a los hosteleros.

Finalmente, Victoria Canoura manifestó que A Siradella es la tarjeta de visita cuando los turistas entran en O Grove y aseguró que el impacto visual de un campo de golf en esa zona va a ser muy importante y que “debemos saber se queremos que o primeiro que vexan os visitantes sexa un campo de golf e se esa vai ser a nosa presentación”.

El informe elaborado por el BNG tiene en cuenta las líneas legislativa y medioambiental para llegar a la conclusión de que no apoyarán la construcción del campo de golf en A Siradella.

Así, Luis Chan, responsable de organización del BNG en O Grove, explicó que en la zona de A Siradella existen actualmente dos protecciones especiales: La Natura 2000 y la Zona Especial de Protección de Aves que, además cuenta con uno de los humedales protegidos más importantes de Galicia.

De este modo, declaró que una normativa de la Comunidad Económica Europea “é contundente” cuando afirma que “os estados membros adoptarán as medidas necesarias para evitar, nas zonas especiais de conservación, o deterioro dos hábitats naturais e de especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motiven a designación das zonas”.

Asimismo, el artículo contiene que “as autoridades nacionais competentes só se poden declarar de acordo con plans ou proxectos despois de asegurarse de que non causarán prexuizo á integridade do lugar e despois de expoñelo ao público”.

Otro punto que destacaron es que el contorno está considerado Zona de Especial Conservación, denominación que sólo se aplica a los Lugares de Importancia Comunitaria. Además, el lugar es limítrofe o abarca (ya que los nacionalistas desconocen los lindes del proyecto) parte de la Ensenada de o Bao, afectada por un decreto autonómico que regula los humedales protegidos y que prohíbe expresamente la introducción de flora y fauna no autóctona, actividades que produzcan la alteración hidrológica del humedal, vertidos líquidos de cualquier naturaleza que afecten de forma negativa a la calidad de las aguas superficiales o el uso de fitocidas, que desde el BNG apuntaron que son necesarios para mantener el césped y que podrían terminar en el humedal).

Por otra parte, y ya pasando al tema medioambiental, Chan declaró que la base de las protecciones es el “mantemento da biodiversidade, do patrimonio natural do que o istmo de O Grove é baluarte”.

De este modo, aseguró que las dunas y playas del municipio acogen especies florales que en Galicia sólo existen en A Lanzada, como puede ser el caso de la Centaurea polyacantha.

Así analizó profundamente un sistema ecológico que cuenta con especies de fauna y flora protegidas y únicas en muchos casos en la comunidad autónoma.

De este modo, el BNG apuesta por salvaguardar el ecosistema y no construir el campo de golf en la zona, ya que consideran después de los resultados de este informe que los impactos medioambientales serían importantes.

Así, aseguraron que no quieren “entrar en xogos”, tal y como aseguró Carlos Álvarez, quien también apuntó que la postura de su grupo es importante y que no van a participar “neste teatro de forma demagóxica como fixeron outras agrupacións”.

Finalmente, Álvarez Besada destacó que el BNG estaba “obligado moralmente” a exponer públicamente su posición en contra de la ubicación del campo de golf en A Siradella para que los vecinos y colectivos la conozcan y sepan en qué se basan para apoyarla hasta el final.

O MOUCHIÑO DAS ORELLAS (Otus Scops)



O Moucho das orellas, ou tamén coñecido como Autillo (Otus Scops) é outro habitante máis da avifauna do entorno do monte Feáns-Siradella. É unha das rapiñas de menor tamaño, de toda Europa e ten unha apariencia moi graciosa e un canto doce, que se pode escoitar polas noites de verán. Esta especie e de especial interese dado que está en clara regresión, en toda a franxa litoral galega.

Na provincia de Pontevedra, O Grove pode ser un dos poucos sitios onde habite e nidifique esta especie;un último reducto, xunto co pinal do monte central de A Toxa.

Esta é unha especie protexida (a lo menos no papel....), dado que non se toman medidas de protección sobre unha especie, tristemente ata o momento no que se chega a unha situación case de colapso, (exemplos: Lince Ibérico,Águia Imperial, etc....

Esta é unha ave moi sencible ó uso de insecticidas, dado que a sua dieta é case que por completo insectivora, incluindo tamén micromamíferos na sua dieta. Non sabemos moi ben, que efectos directos tería sobre esta ave, a creación dun campo de golf, pero de seguro que nada bos.

Quero agradecer expresamente a D. J.C. Epifanio, que nos cedese unha foto do Moucho das Orellas sacada precisamente na zona de Feáns-Siradella, pousado nunha acacia.

Unha testemuña máis de que o proxecto do campo de golf é un disparate: O Moucho das Orellas.

martes, 4 de agosto de 2009

A PRIMEIRA E ÚNICA FORZA POLÍTICA EN PRONUNCIARSE NEGATIVAMENTE SOBOR DO CAMPO DE GOLF....ESPEREMOS QUE O SENSO VAIA CHEGANDO A DONDE FAI FALLA.

O BNG ratifica a súa postura en contra do campo de golf na Siradella


martes, 04 de agosto de 2009

A agrupación local do BNG convocou esta mañá unha rolda de prensa para presentar un informe técnico elaborado pola súa formación polo que xustifican a súa postura ante a construción dun campo de golf na ladeira do monte Siradella. Afirman que non están interesados en “entrar no xogo como fan de xeito demagóxico outras forzas políticas”.


Na rolda de prensa interviron Rubén Otero, responsable local; Luís Chan, recentemente nomeado responsable de organización; Vitoria Canoura, concelleira e Carlos Álvarez, voceiro municipal. Todos eles fixeron unha exposición de motivos polos que o BNG se opón á realización deste proxecto.



Terxiversación

Álvarez Besada manifestou que este informe e esta exposición responden a unha necesidade xa que “houbo unha terxiversación interesada por parte da empresa promotora” en referencia ao documento asinado pola Corporación xa que “carecía de conclusións” e “queremos ter acceso a eses permisos e informes favorables que afirma ter, xa que ninguén os viu”. Vitoria Canoura afirmou que este proxecto “carece de dous documentos tan importantes como o estudio de viabilidade económica e a evaluación de impacto ambiental”.



Resumo do informe

As liñas principais son a lexislativa amais a medioambiental que, amais, deben ser interdependentes.

Cabe salientar dúas proteccións especiais da zona onde se pretende construír o campo de golf, a chamada Natura 2000, que é afectada por completo por este campo, e outra a carón que é a zona de especial protección de aves que, amais, comporta un dos húmidas protexidos mais importantes de Galiza.



A directiva 92/43/CEE, no seu artigo 6 e punto 2, é contundente dicindo que “os estados membros adoptarán as medidas necesarias para evitar, nas zonas especiais de conservación, o deterioro dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motiven a designación das zonas…”. Engade esta directiva que as “autoridades nacionais competentes” só se poden declarar de acordo con plans ou proxectos, anque non teñan relación directa có entorno protexido, despois de asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar e despois de expoñelo ao público.

O organismo europeo vai mais aló dicindo que só se poden alegar consideracións de saúde humana ou seguridade pública cando haxa en xogo un hábitat natural ou unha especie prioritarios, como poden ser os endemismos locais.



Amais, a contorna está considerada Zona de Especial Conservación, o que só se lle aplica aos Lugares de Importancia Comunitaria, i é limítrofe ou abarca parte (xa que non se coñecen os lindes exactos do proxecto) da enseada de O Bao, afectada po-lo decreto autonómico 110/2004, que regula os humidais protexidos, e que prohibe explicitamente a introdución de flora e fauna non autóctona, actividades que produzan a alteración hidrolóxica do humidal, verteduras líquidas de calquera natureza que afecten de forma negativa a calidade das augas superficiais ou o uso de fitocidas (precisos para manter o céspede e que poderían rematar no humidal po-la vía das escorrentas).



A base de todas estas proteccións é o mantemento da biodiversidade, do patrimonio natural do que o istmo de O Grove é baluarte.

Os sistemas de praia-duna e dunas rampantes desta contorna acollen un gran número de endemismos florais ibéricos/galaicos, coma o carrasco bravo, ou a Centaurea polyacantha que, en Galiza, só existe na Lanzada.



Cingidos a onde se pretende o campo, área dominada por un hábitat de distintos tipos de dunas, debémoslle o ser un lugar de importancia comunitaria á Iberis procumbens e ao chamado paxariño amarelo, onde só se atopan na costa galega e algo na portuguesa. Tamén os salgueiros están protexidos.

A fauna mais sensíbel témola no sapo de esporóns (pelobates cultripes) coas xemas dos dedos duras para escaravellar e agocharse na area, cun hábitat que se reduce a uns poucos puntos na Galiza, amais o engonzo ibérico, unha lagartixa moi prezada que habita en Ons e O Grove. Outras especies protexidas son a lagartixa galega, a lagartixa dos penedos e, por suposto, o noso coñecido lagarto arnal .



Todo isto forma parte dun sistema ecolóxico que non se pode segregar sen perder o seu equilibrio.

Algúns dos movementos de terra que comporta a construción dun campo de golf pódese ver aínda na páxina www.chandofento.com, que agora é o coñecido campo de golf Monte Castrove, na Armenteira.



CONCLUSIÓNS MÁIS DESTACABLES.

Algunha das cuestións, que foron relatadas o longo deste estudo, van a ser destacadas a continuación, para chamar a atención sobre elas, a modo de conclusións.

Pídese un apoio público a un proxecto pouco concretado, con vagas referencias a creación de emprego ou riqueza que non se sustentan con datos obxectivos reflectidos nun estudio de viabilidade empresarial.



O impacto medio ambiental sobre unha zona protexida é claro, poñendo en perigo o equilibrio dun ecosistema, dunha flora e fauna que todos disfrutamos e que é o noso principal atractivo turístico e patrimonial.



O consumo de auga dunha instalación deste tipo é moi alto, e provocará novos requirimentos para o sistema hidrolóxico da zona, con consecuencias para os veciños do Grove tales como cortes e restricións na época estival, co conseguinte deterioro dos servizos de hostalería para os visitantes.



Os praguicidas, funguicidas, herbicidas e demais tratamento fitosanitarios que debe facerlle ao céspede teñen incidencia nas augas de regatos e pozos soterrados, así como unha posible incidencia nas augas de baño.



O cambio da paisaxe do istmo da Lanzada, que é a nosa tarxeta de presentación vai a ser radical e irreversible.



Así pois a valoración para este proxecto é, a noso modo de entender e sen máis datos reais e obxectivos, é negativa. Uns impactos tan fortes para o medio ambiente, os usos da auga, e o paisaxe non se compensan con beneficios económicos para unha empresa e hipotéticos postos de traballo e atracción de turismo para o pobo do Grove.


Fonte: todojroves.com

lunes, 13 de julio de 2009

GREENPEACE NOMEA O CAMPO DE GOLF DE O GROVE NO SEU INFORME "DESTRUCCIÓN A TODA COSTA"




Fonte: Diario de Arousa


Greenpeace publica anualmente un informe, “Destrucción a toda costa”, no cal fai un seguimento e chequea a saúde dos espazos costeiros do Estado español, con especial incidencia naquelas áreas protexidas.

No informe correspondente a este ano, 2009, que vén de ser presentado esta mesma semana, Greenpeace tamén se centra na situación da comarca do Salnés e os riscos e ameazas existentes na mesma e que penden sobre a súa franxa costeira.

Neste sentido, esta coñecida organización que se autodenomina “ecoloxista e pacifista internacional”, centra as súas preocupacións no complexo Ons-O Grove, indicando que é un epazo que engloba aos concellos de “Illa de Arousa, Vilanova, Cambados, O Grove, Sanxenxo e Bueu”.

Tras resaltar no seu informe os principais valores naturais do complexo, “endemismos de especies vexetais. No mar presenza do golfiño mular e do ameazado cabaliño de mar”, Greenpeace sinala as ameazas que penden sobre o espazo natural: Urbanismo e contaminación.

No que respecta ao urbanismo, en “Destrucción a toda costa” critícase que “a pesar das diferentes figuras de protección galegas, estatais e europeas” o Concello do Grove aprobou “a construcción dun campo de golf dentro do Espazo Natural Protexido”, indicando que este complexo situaríase no “monte Siradella, o que afectaría ao sistema dunar coa consecuente perda de flora e fauna asociadas”. Neste mesmo apartado, Greenpeace tamén fala da construcción na Illa de Arousa de “120 apartamentos de luxo a menos de 100 metros do mar” nunha zona de “especial protección dos valores naturais de Galicia” como é o municipio arousá.

Pola súa parte, Sanxenxo é definido neste informe coma “prototipo de medre salvaxe e especulación”, criticando o PXOM aprobado en 2003 “que vai permitir a construcción de máis de 11.000 novas vivendas, estando 2.400 en obras, a metade delas a menos de 100 metros do mar”.

Neste concello das Rías Baixas, Greenpeace tamén alerta a prensenza dunha “depuradora insuficiente” que presenta, indican no estudo presentado esta mesma semana, “altos niveis de contaminantes”.

O Salnés non é a única zona da Ría de Arousa que figura neste informe elaborado por Greenpeace. A zona da Barbanza tamén aparece mencionada, coma no que respecta ao Complexo Húmido de Corrubedo, no concello de Riveira.

A organización ecoloxista apunta como ameazas para os valores naturais dese espazo protexido “o urbanismo (7.000 novas vivendas en Porto do Son), infraestructuras (macropiscifactoría en Ribeira) e contaminación (polígono industrial do Xarás en Riveira sen tratamento de augas)”.

domingo, 12 de julio de 2009

Cartelada contra o Campo de Golf









O LAGARTEIRO (FALCO TINNUNCULUS)



O Lagarteiro (Falco tinnunculus) é unha fermosa rapiña que podemos observar de cotío, cando paseamos ou pasamos en tránsito polo Bao.

Gusta de "peneirarse", ou manterse estáticamente en voo, para quedarse quedo sobre a súa presa e lanzarse en picado no preciso instante, para cazar ese ratiño ou toupa que está a observar dende as alturas do ceo. Pertence á familia das falcónidas, ou sexa que é como se fose curmán segundo do popular Falcón Pelegrín (Falco peregrinus).

É unha rapiña de tamaño pequeno. Na zona da Siradella, ten querencia por sobrevoar a zona das dunas e o piñeiral, gusta moito de enrocharse nos cantís das antigas minas de granito, onde atopa o lugar perfecto, para facer o seu niño e posterior posta de ovos. Resulta unha ave moi beneficiosa para o campo, xa que fai presa principalmente nos roedores -coma, por exemplo, ratos e toupas- e cumpre un efecto controlador sobre a poboación destes animais.

Pódeselle observar na zona dos antigos depósitos de Feáns, pousado nas súas barandas de ferro, tendo algún exemplar como pousadoiro, a vella torre onde había un pombal.

sábado, 11 de julio de 2009

FOTO DO AZOR (ACCIPITER GENTILIS)

Aves rapaces no entorno de Feáns-Siradella

O longo do desenrrolo deste blog, trataremos de ir introducindo á xente na fauna e flora que se atopa no entorno de Feáns-Siradella. Consideramos de vital importancia, que os defensores ou potencialmente defensores do campo, coñezan unha parte importante do interese que ten para todos este especial lugar.

Ademáis tamén tentaremos que sexa un revulso, para que os defensores do campo de golf sigan chamándonos demagogos os que estamos en contra.... Canta máis información teña a xente que está interesada na protección deste espazo natural, menos credibilidade terán os que teñen tantos intereses na realización do proxecto do campo de golf.

Aí vai, o segundo personaxe de esta histoira que non é nada máis e nada menos que: O Azor (Accipiter gentilis).

O Azor, é unha rapiña que habita na espesura dos bosques. O seu hábitat preferido na península meca son os piñeirais dos outeiros da Siradella-Feáns así como a marxe de caducifolias de A Belenda. Dado a especial abundacia na zona de Feáns de Pombo bravo (Columba palumbus) que é unha das suas presas favoritas, na zona podese observar os movementos de unha parella destas rapiñas. Esta rapiña, ademáis tamén soe predar nos Esquíos, cos cales batense en duelos espectaculares, entre os piñeiros, dada a tremenda axilidade destes roedores.

Son coma a maioría das rapiñas, aves moi territoriais, polo que unha soa parella destes animáis, soe abarcar moitas hectáreas de terreo arbolado como o seu territorio de caza e cría. Hai datos de cría con éxito, na zona; aínda que tamén do estrago dun niño no ano 96...

Para rematares, dicir que estas aves están protexidas coma todas as rapiñas. Non toleran ben a presenza do home, especialmente na época de cría, polo que si se ven molestas pronto abandonaran o niño; podendo ser catastrófico si abandonasen a posta ou os pitiños. Polo que evidentemente, non aturarían a presión humana que resultaria dun campo de golf.

Compañeir@s, aqui temos unha das multiples razóns, polas que estamos e estaremos en contra. Sen esquecer ó noso amigo o Sapiño de esporóns, que se encontra en Galicia, ¡¡nunha situación crítica!!, anfibio que teremos sempre presente e que queremos facer baluarte da defensa do monte da península de O Grove.

jueves, 9 de julio de 2009

Sapo de Esporóns, especie ameazada


O Sapo de Esporóns (Pelobates Cultripes), é unha especie ameazada, que habíta no monte Siradella, en concreto na zona de Feáns.
A relevancia deste sapo é que dentro do noso territorio solo exíste ao sur da provincia de Pontevedra e no monte Siradella, e está dentro do catálogo de especies amenazadas, enmarcandose na categoria de especies de interese especial según o Real Decreto 439/1990 con data do 5 de abril de 1990. Así como por norvativas europeas como a Directiva 92/43/CEE de Hábitats: Anexos II, IV na que se recolle a importancia da conservación do hábitat para dita especie protexida.
Algúns dos factores que ameazan a esta especie son as modificacións do seu hábitat reproductor por drenaxes ,destrucción, contaminación e modificacións dos medios
acuáticos, destruccións de dunas e un longo etc.

Estes datos todos podedes ter acceso na páxina do Ministerio de Medio Ambiente

Esté é outro motivo máis para que non se leve acabo o proxecto do campo de golf no monte siradella, para non lebar a extinción deste animal que desgraciadamente xa está en perigo.

lunes, 15 de junio de 2009

Restriccións de agua


Como ben sabemos todos, no noso pobo non temos unha fote propia de auga, e temos que recurrir a auga chegada do Umia. Xa por motivos de aumento de poboación, sobre todo no verán, e pola "sequia" que máis de unha vez sufrimos, cito artigos de "La Voz de Galicia" :

10 de agosto del 2006
RESTRICCIONES | O Grove corta el suministro en las playas para paliar la escasez de líquido

Donde ya notan, y mucho, la escasez del agua, es en O Grove. En este municipio este problema se reproduce cada año, pero en esta ocasión la situación parece que se ha puesto todavía más complicada. En Reboredo, por ejemplo, hay un grupo de casas que incluso se quedan sin agua. El Concello las suministra estos días por medio del camión cisterna.

Pero incluso en el casco de O Grove se produjo estos días, según relataba ayer el alcalde, «un bajón alarmante». Además esta bajada se produce en una semana que ya de por sí soporta mucho consumo.

Así que, ante este panorama, el Concello grovense ha decidido tomar medidas. En primer lugar, ha cortado los riegos municipales y ha pedido a los vecinos que hagan lo mismo con sus propiedades particulares.

Del mismo modo, se ha cortado el agua en las playas. Miguel Ángel Pérez espera que esta medida sólo tenga que prolongarse durante una semana y que entonces todo pueda volver a la normalidad y las duchas de los arenales entren de nuevo en uso.



El Concello de O Grove realizará una campaña sobre la necesidad de ahorrar agua

La necesidad de ahorrar agua se hace cada vez más evidente y las administraciones insisten en hacer llegar este mensaje a la población. El Concello de O Grove se sumará a este llamamiento mediante una campaña informativa que va a realizar en próximas semanas. La idea está clara aunque el gobierno local todavía no sabe exactamente como se va a plasmar. Lo que sí es seguro es que será de carácter divulgativo y se hará llegar, entre otros sectores, a los colegios.

En O Grove saben bien que el agua es un bien escaso y preciado, especialmente en verano, cuando este municipio suele sufrir restricciones. En este caso el problema es más de infraestructura que de escasez pero desde el Concello y la Xunta ya han tomado medidas con el fin solucionarlo.

Actualmente están en ejecución las obras para instalar una tubería de Campos a Reboredo, que permitirá completar la red del municipio y servirá para resolver los problemas de presión que afectan a Reboredo

También están en ejecución las obras de ampliación de la red en alta, en el tramo comprendido entre Tremoedo y Vilalonga, que dotará a O Grove de una nueva vía de suministro. Además, la Xunta acaba de adjudicar la construcción de dos nuevos depósitos en Paredes que triplicarán la capacidad de almacenamiento de agua.


O consumo medio dun campo de golf duns 18 buratos é de 10.000 metros cúbicos por hectárea e ano, sabendo esto e tendo enconta os antecedentes que temos no pobo de problemas de abastecemento de auga é un motivo máis para que esta obra non se lebe acabo.
Dende un punto económico, que é o gran puntal dos defensores da construcción do campo de golf, sería só, de custes ao concello duns 400.000 aos 700.000 €/ano, incluindo salarios, gastos de mantemento do campo e consumo de augua, estaría ben encontrar algunha actividade municipal para comparar a qué equivale este gasto.
Equilibrar estos ingresos so se consigue se se ten un elevado número de socios con una elevada cota anual, isto faria que o prometido tanto polos promotores como polo señor alcade, de que o campo de golf sería público cun coste moi baixo para os veciños de O Grove é totalmente irreal, por este feito se se leva acabo a iniciativa do concello de que as cotas para os socios grovenses fosen baixas non chegaria a rentabilizarse os costes anuais. Por ese motivo serán os veciños de O Grove os que cos seus impostos paguen a maior parte de los costes do mantemento, de feito neste concello que todo se move por subencións, pensa alguen que a Xunta de Galicia ou a Unión Europea subencionará vitaliciamente o campo de golf da Siradella?

Todos estes datos que aquí ofrecemos están sacados de diversos estudos que se poden ver na rede, non é nada irreal o que aquí se expón.

domingo, 14 de junio de 2009

A Federación de Golf apoia a promotora do Campo de Golf da Siradella


REDACCIÓN > O GROVE
"El promotor del campo de golf presentó el proyecto al cuatripartito
La Federación Gallega de Golf mostró su apoyo a la empresa LCG Desarrollo & Gestión de Golf SL para el proyecto previsto en Feáns y que recoge un campo de 18 hoyos en Feáns. Su presidente cree que esta iniciativa es compatible con la protección Red Natura que registra el suelo.

El presidente de la Federación Gallega de Golf, Daniel Fernández Fernández, remitió una carta a los promotores del campo en Feáns en la que argumenta su apoyo al proyecto.

En primer lugar asegura que la iniciativa, pese a asentarse en una zona incluida en la Red Natura 2000, “es totalmente compatible con el medio natural, sostenible medioambientalmente y de similares características a otras campos asentados en zonas costeras de la geografía portuguesa, escocesa o irlandesa, entre otras”.

Consideran además que el proyecto debe considerarse de “interés gallego” y debería servr como ejemplo y “experiencia piloto” de posibles actuaciones similares en Galicia.

Argumenta, también, que este tipo de instalaciones públicas son las “verdaderas dinamizadoras de la popularización del golf como deporte” y son la vía para la implantación masiva de un deporte en la sociedad,”extremo totalmente acreditado en la zona como es el campo público de Meis, con más de 36.000 salidas al año”.

La Federación Gallega de Golf considera que Galicia tiene un gran potencial para posicionarse como destino de golf preferente en el norte de la península y “no se puede perder esta oportunidad que supondrá la creación de puestos de trabajo e importantes ingresos para la zona”.

Alude a un estudio realizado para Turgalicia y para la propia Federación por la International Association of Golf Tour Operators, en el que se recoge que “son este tipo de proyectos de calidad y sostenibles los que demanda el jugador de golf europeo”. Según este estudio, “en tres años, Galicia tiene el potencial de recibir a 15.000 golfistas y sus acompañantes, que generarían más de 22 millones de euros a través del desarrollo del turismo de golf en la región”.

Negociaciones > Por último, la Federación Gallega hace referencia a competidores cercanos emergentes. Sitúa a Asturias, Cantabria y, sobre todo, el norte de Portugal, con ocho proyectos similares “como una amenaza al desarrollo del turismo de golf en Galicia”.

Por todo ello, la Federación anima a los promotores de este proyecto a continuar adelante con la iniciativa de construir un campo de golf de 18 años en Feáns."

viernes, 12 de junio de 2009

Video da Plataforma Conta o Campo de Golf da Siradela

" Medio Ambiente no se define todavía respecto a la viabilidad de un campo de golf en zona de Red Natura"

"La voz de Galicia" 10/12/2008

Ayer tocaba hablar de ornitología, no del campo de golf, pero, inevitablemente, el asunto estaba en mente de muchos. Los representantes del ministerio, Consellería de Medio Ambiente y Concello aludieron durante sus intervenciones a la necesidad de conservar los espacios y el patrimonio natural como eje del modelo de desarrollo sostenible. ¿Cómo casan estos criterios con las pretensiones de construir un campo de golf en el monte Siradella, en plena Red Natura 2000?

Nada está cerrado a este respecto. El director xeral de Conservación da Natureza explicó que, precisamente ahora, se está en un momento crucial a la hora de definir los usos en estas áreas. La consellería ha elaborado el Plan Director de Rede Natura ,que está e fase de evaluación ambiental y pendiente del proceso de información pública, en el cual se establecerán los grados de protección que corresponde a las 380.000 hectáreas clasificadas como Red Natura en toda la comunidad autónoma. «Con este documento vai quedar todo moi claro», indicó Xosé Benito Reza. Los terrenos afectados serán clasificados bajo cinco categorías que abarcarán desde limitaciones estrictas a otras más blandas.

Todavía habrá que esperar varios meses para conocer con que grado de protección queda O Grove pero, en todo caso, Reza aclaró que no hay ninguna normativa que impida expresamente ubicar un campo de golf en la Red Natura. Otra cosa es que el proyecto que se propone para Siradella vaya a tener cabida en el plan director, explicó el director xeral.

Será, por tanto, cuestión de estudiar el proyecto antes de definirse sobre la viabilidad del mismo. A la consellería, dijo Reza no llegó por ahora ninguna propuesta en este sentido, pero seguro que no tardará. El alcalde ya anunció su intención de pedir asesoramiento a la consellería antes de continuar con el debate abierto en O Grove en torno al proyecto para construir un green de 18 hoyos.

jueves, 11 de junio de 2009

PIO ,PIO


T. M. > O GROVE



“ La Casa de Cultura de O Grove fue elegida para celebrar una jornada de formación destinada a los hosteleros dentro del proyecto PIO.
A lo largo de la tarde de ayer un grupo de 20 trabajadores del sector asistieron a esta actividad en la que los expertos les explicaron las especies de aves que se pueden encontrar en O Grove y dónde se localizan.
Esta jornada está destinada a que los hosteleros conozcan la ornitología del municipio por si algún ornitólogo acude a sus instalaciones y tienen que resolverle alguna duda acerca de qué especies puede observar y a dónde tiene que ir para poder verlas.
Así, intentaron concienciar al sector de que la ornitología es un valor añadido y un reclamo turístico que deben saber explotar y sobre el que deben tener información.
Además, a lo largo de esta jornada los trabajadores también pudieron conocer la única guía de aves que existe del complejo intermareal y que ha sido elaborada por Cosme Damián Cousido para que tengan un documento en el que poder consultar sus dudas.
Asimismo, ya se encuentran trabajando para ampliar esta edición y completarla dentro de algún tiempo, cuando las investigaciones den sus frutos.
Finalmente, los 20 asistentes a estas jornadas realizaron un paseo en barco para poder ver de cerca la variedad ornitológica que existe en O Grove y así poder vivir en primera persona la experiencia.
Así, después de esta actividad los hosteleros del municipio ya se encuentran capacitados para ofrecer información en sus establecimientos a los ornitólogos que acudan a ellos y que pidan alguna indicación para llevar a cabo las avistaciones de aves. “

Noticia recollida hoxe no periódico Diario de Arousa…..
Esta noticia, canto menos, o que me produce é risa. Risa provocada pola dobre moral que ten o noso benquerido “alcaide” e os seus asesores no proxecto “PÍO”.
Por un lado, abrenlle á porta a un proxecto antiecolóxico e totalmente irresponsable chamado: CAMPO DE GOLF DE FEANS, para fuxir do “ecologismo contemplativo”(sic), por outro lado promocionan a avifauna grovense cun proxecto chamado “PÍO”. - Primeiro douvos a pedrada e despois póñovos a tirita -, iso sí unha tirita bonita, con coloriños para que chame ben a atención.


Non nos deixemos enganar, Non se pode ir defendendo un proxecto que pon en risco o hábitat das aves do entorno do Bao; e ó mismo tempo apoiar unha iniciativa que poida parecernos ecolóxica (POXECTO PÍO), que non deixa de ser máis que unha iniciativa empresarial…
Digo que me parece que só é unha iniciativa empresarial, xá que se non se quere respetar o entorno e hábitat das aves (dende o Ilmo. Concello de O Grove), e só se quere promocionar e axitar a unha parte do turismo con estas visitas, a verdade e que é un fraco favor o que se lle fai as aves e á natureza.
E un insulto á inteligencia das personas que poidan desprazarse á vila do Grove, para admirar a beleza das aves e o entorno natural; collidos da man de estes “farsantes” e falsos proteccionistas.
Con isto o que quero expresar é o seguinte:
Non me parece mal o proxecto PÍO en sí, o que si debe cabrear ó personal e que unha inicitiva coma esta saia dun alcalde e dunha corporación municipal que apoia un campo de golf que é económicamente inviable e un atentado contra a natureza.
Os paxaros cando vos vexan, deberían de cambiar o seu rexistro e en vez de piar ou cantar, deberían de dicir: - SODES UNS FALSOS, PIUPIUPIU, FAAALSOOOSS -.

miércoles, 10 de junio de 2009

Arquivo de audio do cuartipartito sobre o campo de golf


Interveñen o Alcade de O Grove José Antonio Cacabelos e o promotor do campo de golf Rafael Sáenz Díez.



Nesta pista de audio sacada da compadecencia do señor alcade e o promotor, podedes oir a súa opinión e súa postura que nós consideramos totalmente erronea, asi como temeraria, un paso máis na especulación urbanística que está a sufrir o noso litoral.

Nós seguimos mantendo que tendo na illa da Toxa un Campo de Golf e outro a vinte minutos en Meis, cremos que é totalmente inecesario facer un Campo de Golf no monte Siradella.

A zona que abarcaría o campo de golf están dentro da RED NATURA, afectados por medidas de protección ZEPA e RAMSAR e aínda que así non fose, a zona ten unha importancia biolóxica para a vila e toda a humanidade impepinablemente vital, única e irrepetible.

Aparte da total destrucción do entrono :

- A paisaxe é totalmante adaptada ás necesidades estéticas e do xogo.

- O substrato vexetal que nutre o solo e ás árbores desaparece, é necesario prantar céspede e deixar as superficies de campo aberto libres de maleza. A microfauna do solo e os organismos descompoñedores, desaparecen, comeza a rotura de cadea trófica.

- O uso de fertilizantes é necesario, o solo necesita nutrirse de alimento para manter o céspede e as árbores, isto conleva á contaminación do solo e dos acuiferos que se asentan nel.

- Xa non podemos falar dun bosque, xa que nun campo de golf impídese o crecemento e reproducción normal das árbores, porque perxudican ó que é un estado bó do campo de xogo.

- Todo isto, fai que xa estemos a falar un espazo deformado e adaptado pola man do home, levado ó extremo de máximo control sobre a vexetación, co que leva un conseguinte efecto de control sobre a fauna.

Cremos que o turísmo do Grove non ten que ir 100% enfocado a un turísmo de "élite" como así afirman nesta pista de audio o alcalde e o promotor , se non que abogamos por un turismo sotible e respetuoso coa natureza.



A pista orixinal está extraida da páxina Todogrove.com

martes, 9 de junio de 2009

ADEGA califica de analfabetismo ambiental a postura con respecto ao campo de golf do alcade grovense

grove_praia.jpgPontevedra, 13 de xaneiro de 2009. O analfabetismo ambiental do alcalde de Ogrobe, José Cacabelos, resulta abraiante e impropio dun rexedor municipal. Este alcalde comparou o proxecto de campo de golf no monte Siradella coa planificación dos novos parques eólicos!!!, aducindo que se estes van situarse dentro da Rede Natura tamén se pode facer o propio co campo de golf (ou sexa, "café para todos"). Resulta preocupante este descoñecemento da lexislación ambiental que, precisamente, un responsábel público debe respectar e facer cumprir.

O Sr. Alcalde parece ignorar que o Decreto Eólico 242/2007, de 13 de decembro, que regulamenta o aproveitamento da enerxía eólica en Galiza, establece que a Rede Natura é unha zona de exclusión para a construcción de novos parques.
Ademáis, o propio Conselleiro de Medio Ambiente sinalou recentemente a intención da Xunta de promover Declaracións de Impacto Ambiental (DIA) negativas para proxectos eólicos situados tanto na Rede Natura actual como na prevista ampliación. Cómpre lembrar a este respeito que o devandito decreto 242/2007 di claramente que unha DIA negativa supón o rexeitamento automático dun proxecto.
Promover a construción dun campo de golf dentro da Rede Natura, quer no monte Siradella (ZEPA do Complexo intermareal Umia-Ogrobe, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira), conlevará con toda probabilidade unha Declaración de Impacto Ambiental Negativa, xa que a construción e mantemento desta infraestrutura resulta incompatíbel coa preservación dunha área de grande interese ambiental.
Así as cousas, se o proxecto segue adiante ADEGA garantiza que as alegacións apresentadas condicionarán unha Declaración de Impacto Ambiental negativa. E no improbábel caso de que a Consellaría de Medio Ambiente decida facer a vista gorda, enviaremos unha denuncia á Comisión Europea para garantir a preservación dos valores naturais da ZEPA de Ogrobe.
O Sr. Alcalde de Ogrobe faría ben en non misturar allos con bugallos, evidenciando coas súas demagóxicas declaracións un preocupante descoñecemento da lexislación ambiental que, como responsábel público, está obrigado a respectar e facer cumprir.


Fote orixinal e máis extensa : ADEGA

O Colectivo ecoloxísta do Salnén Rexeita o Campo de Golf

En relación coas últimas propostas de iniciativa privada de realizar un campo de golf en Feáns (O Grove), o Colectivo Ecoloxista do Salnés quere manifestar a súa postura ao respecto:
O CES considera totalmente errado o emprazamento proposto para instalar un campo de golf: as faldas do monte Feáns, dentro dun espazo natural protexido con diversas figuras de protección:
➢ Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) pola Unión Europea.
➢ Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) pola UE.
➢ Humidal de Importancia Internacional polo Convenio Ramsar.
➢ Zona de Especial Protección dos Valores Naturais pola Consellería de Medio Ambiente.
Ademais, a Xunta de Galicia inclúe este espazo dentro dos eu Inventario de Humidais Protexidos, estando polo tanto tamén incluído no Inventario Español do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

A implantación do campo de golf nesta ubicación causaría diversos impactos:
- Perda de vexetación autóctona, causando afección a un medio tan valioso e singular como a duna rampante que sube en dirección á Siradella, con plantas de grande valor biolóxico debido á súa reducida área de distribución.
- Alteración da topografía dunar.
- Perda de hábitats de fauna autóctona protexida. A este respecto, cabe destacar que na zona proposta vive o sapo de esporóns (Pelobates cultripes), especie protexida e con distribución extremadamente reducida no territorio galego.
- Impacto paisaxístico, afectando a unha das mellores vistas naturais das Rías Baixas (dende a Siradella), visitado por milleiros de turistas cada ano e un dos mellores reclamos do municipio.
- Alteración severa do contorno por forte consumo de auga, e contaminación de aire, solo e augas por emprego de pesticidas.

Deste xeito, a instalación de dito campo incumpliría a lexislación vixente:
- Lei 42/07 do patrimonio natural e da biodiversidade, que recolle como infracción (art. 76.a) “la utilización de productos químicos (…) que alteren las condiciones de los ecosistemas con daño para los valores contenidos” e (art. 76.g) “la alteración de las condiciones de un espacio protegido, o de los productos propios de él mediante ocupación, roturación, corta, arranque u otras acciones”.
- O Decreto 127/08, que desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos de Galicia, prohíbe no seu artigo 8:
• (8.a) “a introdución de especies de flora e fauna non autóctonas”

• (8.b) “as actividades que directa ou indirectamente podan producir o desecamento ou a alteración hidrolóxica do humidal”
• (8.c) “as actividades, verteduras sólidas e líquidas de calquera natureza que afecten de forma negativa, directa ou indirectamente á calidade das augas superficiais ou subterráneas, que alimentan e manteñen o funcionamento do humidal”.
• (8.e) “a alteración topográfica da zona periférica de protección do humedal protexido”,
• (8.h) “a utilización de produtos praguicidas, funxicidas ou fitocidas que poidan afectar ao humidal…”
• (8.i) “as infraestruturas, en particular as viarias (…)”,
• (8.l) “calquera actividade deportiva ou recreativa non compatible coas funcións ou valores polos que se declarou espazo protexido”.

O CES lémbralle ao goberno municipal que a potencialidade turística do municipio está baseada na conservación do medio ambiente. Constatamos que a xente que visita O Grove valora enormemente a paisaxe natural da Lanzada.

Consideramos intolerable que se plantexe a posibilidade de empregar patrimonio natural común para montar un negocio privado para unha minoría, máxime cando na mesma provincia xa existe oferta de campos de golf sen que se constate un “despegue” económico nas súas áreas de influencia.

Confiamos no sentido común e o cumplimento da lei, en especial por parte da Consellería de Medio Ambiente, organismo responsable de velar pola conservación deste enclave.

Deste xeito, o CES cre que se debería denegar a instalación desta infraestrutura. De non ser así, a Consellería estaría a incumplir a súa propia lexislación e a de ámbito estatal, motivando as accións legais oportunas ante as organismos pertinentes (incluídos os da Unión Europea).


Fonte orixinal: CES

Noticias

DIARIO DE AROUSA (20/5/2009)

O BNG de OGrobe preparou un informe sobre a viabilidade do campo de golf en Feáns, que previsiblemente será empregado para rematar de desmarcarse dun proxecto que nunca compartiu e que dende o comezo caracterizou como imposible, en contra da opinión do alcalde socialista e dos seus socios de goberno do Partido Galeguista.

Ainda que todos os partidos con presenza na Corporación acordaron solicitar informes á Xunta de Galicia -tarea que delegaron na empresa LCG-, pero ese acordo rebaixaba, a instancias de BNG e EU, as pretensións iniciais da promotora, que quería unha petición oficial que instase a defender o campo ante outras administracións.

Noticias

Diario de Arousa (30/4/2009)

REDACCIÓN > O GROVE
O principal promotor do campo de golf no Monte Feáns, Rafael Sáenz-Díez, da empresa Desarrollo & Gestión de Golf, minimizou as dúbidas expresadas por diversos partidos do cuatripartito, como BNG e Alternativa Meca, sobre o proxecto.

O empresario asegurou que se remite ao “acordo asinado por todos” polo que se lle encarga iniciar as xestións ante as autoridades os informes que avalen o campo, a pesar da súa localización en Rede Natura e a existencia de outras figuras de protección. Sáenz-Díez comprobou na reunión da semana pasada como a proposta inicial era recurtada pola presión de BNG, EU e AMeca, xa que pedía un apoio oficial de todas as forzas para “instar” á Xunta a autorizar o campo.

Sen embargo, estes partidos non só non aceptaron este texto, senón que nos días seguintes expresaron en público as súas dúbidas sobre a viabilidade do proxecto, resaltando que carece de proposta de financiación e modelo de xestión, e advertindo da súa oposición a unha posible recalificación urbanística.

Ademais, a oposición ao campo medra, especialmente na Internet. Diversas asociacións xuvenís ou deportivas amosaron nos últimos días a súa oposición ao proxecto, que suman á xa coñecida de grupos ecoloxistas, e tamén se creou un grupo en contra na rede social Facebook, que conseguiu xa centos de apoios, e no que opinan militantes de Esquerda Unida para atallar as críticas e aclarar que a súa formación en realidade non se comprometeu a nada, só a autorizar que se pidan os informes.

Documento resultante da reunión no concello de todas as formacións políticas e de turísmo

Documento íntegro publicado tras a reunión celebrada no concello:


O Grove, 21 de abril de 2009


Os grupos políticos representados na Corporación municipal do Concello do Grove, e as asociacións empresariais e turísticas aquí representadas e asinantes deste documentos, manifestamos que estamos de acordo e apoiamos comezar a considerar a viabilidade da construción dun novo campo de golf, dentro do termo municipal, como hipotético motor da economía e sector turístico local, presentado por LCG Desarrollo & Gestión de Golf, S.L., e lle encarga:


1. Que solicite e obteña os informes necesarios favorables da Xunta de Galicia, Goberno do Estado e Unión Europea, da legalidade e da Avaliación sobre Impacto Medio Ambiental deste proxecto.


2. Unha vez obtidos eses informes nos que se determine que o proxecto non é contraditorio coa actual lexislación medioambiental, solicitaremos que se nos entregue un informe económico e modelo de xestión do mesmo.


Asinado:


PSOE, José Antonio Cacabelos Rico.

BNG, Carlos Álvarez Besada.

PG, José Alfredo Bea García.

EU, Xan Lamelas Alfonso.

AMeca, Aida Filgueira Pérez.

PP, Miguel Ángel Pérez García.

Emgrobes, Mª Dolores Vázquez Varela.

Asociación de Hostelería, Jaime Devesa Mascato.

CIT, Antonio Lois Otero.

CCMM San Vicente do Grove, Manuel Ochoa Pérez.

LCG Desarrollo & Gestión de Golf SL, Rafael e Jacobo Sáenz-Diéz Malvar

Non ao Campo de Golf da Siradella


O Grove, pola súa case que insularidade, non ten superficies verdes dabondo como para facer un campo de golf sen que se produza un grave impacto natural. Todo o área, está protexida dentro dos espazos da rede NATURA, Convenio RAMSAR, Área de especial protección para as aves.., etc. Que este área non chege a ocupar toda extensión do monte Siradella-Feáns, non quere dicir, que esta zona non debe ser protexida DA ESPECULACIÓN e das mans do home, coas súas pretensións nada máis que económicas.

De levarse a cabo a construcción do campo de golf así como unha urbanización colindante, o monte quedaría reducido á nada... isto coa súa correspondente grave deforestación, contaminación do solo por uso de pesticidas, un abuso de consumo do suministro de auga...

É o único monte que temos para desfrutar e debemos loitar para preservalo e que os nosos fillos poidan facelo nun futuro. Precisamente o tesouro que temos no Grove son as paisaxes, está nas nosas mans impedilo...