martes, 9 de junio de 2009

Documento resultante da reunión no concello de todas as formacións políticas e de turísmo

Documento íntegro publicado tras a reunión celebrada no concello:


O Grove, 21 de abril de 2009


Os grupos políticos representados na Corporación municipal do Concello do Grove, e as asociacións empresariais e turísticas aquí representadas e asinantes deste documentos, manifestamos que estamos de acordo e apoiamos comezar a considerar a viabilidade da construción dun novo campo de golf, dentro do termo municipal, como hipotético motor da economía e sector turístico local, presentado por LCG Desarrollo & Gestión de Golf, S.L., e lle encarga:


1. Que solicite e obteña os informes necesarios favorables da Xunta de Galicia, Goberno do Estado e Unión Europea, da legalidade e da Avaliación sobre Impacto Medio Ambiental deste proxecto.


2. Unha vez obtidos eses informes nos que se determine que o proxecto non é contraditorio coa actual lexislación medioambiental, solicitaremos que se nos entregue un informe económico e modelo de xestión do mesmo.


Asinado:


PSOE, José Antonio Cacabelos Rico.

BNG, Carlos Álvarez Besada.

PG, José Alfredo Bea García.

EU, Xan Lamelas Alfonso.

AMeca, Aida Filgueira Pérez.

PP, Miguel Ángel Pérez García.

Emgrobes, Mª Dolores Vázquez Varela.

Asociación de Hostelería, Jaime Devesa Mascato.

CIT, Antonio Lois Otero.

CCMM San Vicente do Grove, Manuel Ochoa Pérez.

LCG Desarrollo & Gestión de Golf SL, Rafael e Jacobo Sáenz-Diéz Malvar

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non se permiten insultos nin descalificacións aos usuarios deste blog, todas as opinions son respetables pero hai outros foros e páxinas onde facer debate.
ESTE BLOG É CONTRARIO AO CAMPO DE GOLF DA SIRADELLA.
Todos os comentarios serán revisados e eliminados se os administradores así o vexan necesario.