domingo, 12 de julio de 2009

O LAGARTEIRO (FALCO TINNUNCULUS)



O Lagarteiro (Falco tinnunculus) é unha fermosa rapiña que podemos observar de cotío, cando paseamos ou pasamos en tránsito polo Bao.

Gusta de "peneirarse", ou manterse estáticamente en voo, para quedarse quedo sobre a súa presa e lanzarse en picado no preciso instante, para cazar ese ratiño ou toupa que está a observar dende as alturas do ceo. Pertence á familia das falcónidas, ou sexa que é como se fose curmán segundo do popular Falcón Pelegrín (Falco peregrinus).

É unha rapiña de tamaño pequeno. Na zona da Siradella, ten querencia por sobrevoar a zona das dunas e o piñeiral, gusta moito de enrocharse nos cantís das antigas minas de granito, onde atopa o lugar perfecto, para facer o seu niño e posterior posta de ovos. Resulta unha ave moi beneficiosa para o campo, xa que fai presa principalmente nos roedores -coma, por exemplo, ratos e toupas- e cumpre un efecto controlador sobre a poboación destes animais.

Pódeselle observar na zona dos antigos depósitos de Feáns, pousado nas súas barandas de ferro, tendo algún exemplar como pousadoiro, a vella torre onde había un pombal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non se permiten insultos nin descalificacións aos usuarios deste blog, todas as opinions son respetables pero hai outros foros e páxinas onde facer debate.
ESTE BLOG É CONTRARIO AO CAMPO DE GOLF DA SIRADELLA.
Todos os comentarios serán revisados e eliminados se os administradores así o vexan necesario.