lunes, 13 de julio de 2009

GREENPEACE NOMEA O CAMPO DE GOLF DE O GROVE NO SEU INFORME "DESTRUCCIÓN A TODA COSTA"




Fonte: Diario de Arousa


Greenpeace publica anualmente un informe, “Destrucción a toda costa”, no cal fai un seguimento e chequea a saúde dos espazos costeiros do Estado español, con especial incidencia naquelas áreas protexidas.

No informe correspondente a este ano, 2009, que vén de ser presentado esta mesma semana, Greenpeace tamén se centra na situación da comarca do Salnés e os riscos e ameazas existentes na mesma e que penden sobre a súa franxa costeira.

Neste sentido, esta coñecida organización que se autodenomina “ecoloxista e pacifista internacional”, centra as súas preocupacións no complexo Ons-O Grove, indicando que é un epazo que engloba aos concellos de “Illa de Arousa, Vilanova, Cambados, O Grove, Sanxenxo e Bueu”.

Tras resaltar no seu informe os principais valores naturais do complexo, “endemismos de especies vexetais. No mar presenza do golfiño mular e do ameazado cabaliño de mar”, Greenpeace sinala as ameazas que penden sobre o espazo natural: Urbanismo e contaminación.

No que respecta ao urbanismo, en “Destrucción a toda costa” critícase que “a pesar das diferentes figuras de protección galegas, estatais e europeas” o Concello do Grove aprobou “a construcción dun campo de golf dentro do Espazo Natural Protexido”, indicando que este complexo situaríase no “monte Siradella, o que afectaría ao sistema dunar coa consecuente perda de flora e fauna asociadas”. Neste mesmo apartado, Greenpeace tamén fala da construcción na Illa de Arousa de “120 apartamentos de luxo a menos de 100 metros do mar” nunha zona de “especial protección dos valores naturais de Galicia” como é o municipio arousá.

Pola súa parte, Sanxenxo é definido neste informe coma “prototipo de medre salvaxe e especulación”, criticando o PXOM aprobado en 2003 “que vai permitir a construcción de máis de 11.000 novas vivendas, estando 2.400 en obras, a metade delas a menos de 100 metros do mar”.

Neste concello das Rías Baixas, Greenpeace tamén alerta a prensenza dunha “depuradora insuficiente” que presenta, indican no estudo presentado esta mesma semana, “altos niveis de contaminantes”.

O Salnés non é a única zona da Ría de Arousa que figura neste informe elaborado por Greenpeace. A zona da Barbanza tamén aparece mencionada, coma no que respecta ao Complexo Húmido de Corrubedo, no concello de Riveira.

A organización ecoloxista apunta como ameazas para os valores naturais dese espazo protexido “o urbanismo (7.000 novas vivendas en Porto do Son), infraestructuras (macropiscifactoría en Ribeira) e contaminación (polígono industrial do Xarás en Riveira sen tratamento de augas)”.

1 comentario:

Non se permiten insultos nin descalificacións aos usuarios deste blog, todas as opinions son respetables pero hai outros foros e páxinas onde facer debate.
ESTE BLOG É CONTRARIO AO CAMPO DE GOLF DA SIRADELLA.
Todos os comentarios serán revisados e eliminados se os administradores así o vexan necesario.