martes, 6 de octubre de 2009

O concello e a súa hipocresia en stereo



Unha vez máis vemos a hipocresia e a fachada desta nosa amada corporación municipal encabezada polo señor Cacabelos.

Como xa coñecemos todos, o apoio unánime de toda a corporación municipal* ao proxecto destructivo "campo de golf de Feáns", saen agora, e como podemos ver na web de turismo do concello, con toda unha exaltación do turismo ecolóxico como é o sendeirismo.

Citando textualmente as palabras do concello na súa web :

La “Ruta dos Lagarteiros”, con algo más de 2 km, nos conduce por los senderos escarpados del monte Siradella.

Durante 1 hora y media podremos divisar algún "lagarteiro" (cernícalo), pequeña ave de rapiña, adorada por los agricultores ya que limpian de insectos y pequeños roedores las cosechas.

En este recorrido obtendremos unas claras vistas del istmo de A Lanzada y, al tiempo, de las espectaculares rocas graníticas que abundan en toda la península de O Grove.

Para todos aqueles que non sepades desta rota de sendeirismo, é a rota principal de sendeirismo do monte Siradella, recorendo gran parte da zona na que se pretende construír o debandito campo de golf.

Como ben din neste texto a rota descurre polo hábitat natural do Lagarteiro que nós aquí xa mencionamos.

Parece ser que unha vez máis o noso concello xoga a dúas bandas, como ven facendo co proxecto PIO e por outra banda coa defensa da construción do campo de golf.

Gustaríanos saber quen redactou este artigo nesta páxina web, se foi a encargada de Medio Ambiente Noemí Outeda Prol ou o encargado en Turísmo o señor Jorge Olleros Rodríguez ¿?



*O BNG e EU rexeitan actualmente a construcción do campo de golf, pero foron firmantes do documento promovido polo promotor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non se permiten insultos nin descalificacións aos usuarios deste blog, todas as opinions son respetables pero hai outros foros e páxinas onde facer debate.
ESTE BLOG É CONTRARIO AO CAMPO DE GOLF DA SIRADELLA.
Todos os comentarios serán revisados e eliminados se os administradores así o vexan necesario.