sábado, 23 de octubre de 2010

Rumores Pousadeiros




Circula por ahí un rumor referente ao proxecto destructor da siradella o Campo de Golf.
Estes disques e seicas afirman que o proxecto da pousada do Sanatorio é o inicio do proxecto devastador do noso monte.
Dende aquí opoñemonos a este proxecto , pero non por razons medioambientais, se non máis ben sociais.
As intalacións do sanatorio marítimo de San Vicente do Mar , coñecido popularmente como "O Sanatorio", teñen un uso público e de necesidade social, xa que en ditas instalacions impartense cursillos e realizanse campamentos deportivos asi como campamentos para nenos con discapacidades, e un longo etc.
Parece ser que estas actividades públicas que se levan acabo en dito centro non son do agrado do noso presidente da deputación de pontevedra Rafael Louzán, e o seu compañeiro Miguel Angel Pérez (ex alcalde de O Grove). Eles prefiren facer unha "importantísima" obra, unha obra "fundamental", privatizar ditas instalacións, con fondos públicos (1'3 MILLONS de €uros) reparalas para crear unha pousada , ditas instalacions constarían de 25 habitacións con todos os luxos, para que os seus clientes podan sentirse coma estrelas do rock desfrutando dun bo conác coas inmelorables vistas a lanzada.

Para moitos que igual é a primeira notica que tedes de dito proxecto, parece irreal non ¿? doutro tempo non¿?,
A prodixiosa faceta privatizadora destes dous astutos señores non queda nesta "fundamental" obra, se non que farán outras pousadas en Meis, Ribadumia e Vilanova.
Aparte que estas obras son absurdas dende o noso punto de vista, a privatización que para eles é tan máxica, que aforra un mundo de cartos aos contibuintes, que nos saca penas e nos aporta inumerables glorias.
Se antes no verán teus fillos iban a pasar uns dias de campamento ao Sanatorio, se os teus familiares asistian algun obradoiro alí impartido , que sepas que ao señor presidente da diputación eso non lle gusta, e fará todo o posible para que teu fillo disfrute desas instalacións ben cochado nunha cama pomposa e a pensión completa.

5 comentarios:

  1. hai que combatelo! Louzán cacique!

    ResponderEliminar
  2. Ahahahaha, que bueno...!!

    Ajora os Pepés, ademáis de ter comprados chalés en Raeiros; queren facer o seu clube sozial, para as altas suziedades, no Sanatorio da Lanzada. Hai que recordarlle a esta manada de sinvergonzas, que o Sanatorio É NOSO!! e que o monte que o rodea e que baixo un oscuro plan, quere dar pé o tan desexado campo de golf, é tamén NOSO. Habrá que recordar, que estes terreos e instalacións foron cedidos temporal e desinteresadamente polo pobo de O Grove á excelentísima di-putación de Pontevedra, por interese social SEN ÁNIMO DE LUCRO E SEN OSCUROS INTERESES PRIVADOS.

    Non teño nada máis que dicir; salvo o seguinte: Sres, sigan votando ós especuladores, ladróns e fillos de mala nai ós que votaron nas pasadas eleccións.

    Gracias polo súa colaboración e non se olviden de vo-tar.

    ResponderEliminar
  3. Dende logo, a esta xente hai que pararlle os pés.

    Privatizamos un equipamento público para lucrar a 4 amigos, facéndolle competencia desleal ao secotr hosteleiro do Grove (que non di nin PIO, curiosamente).

    O dito, leña dia si, día tamén.

    ResponderEliminar
  4. Os hostaleiros din PIO e mioto máis o que ocorre e que non todo o mundo se entera... hay que queimar o Sanatorio... o día da inauguración

    ResponderEliminar

Non se permiten insultos nin descalificacións aos usuarios deste blog, todas as opinions son respetables pero hai outros foros e páxinas onde facer debate.
ESTE BLOG É CONTRARIO AO CAMPO DE GOLF DA SIRADELLA.
Todos os comentarios serán revisados e eliminados se os administradores así o vexan necesario.