domingo, 24 de abril de 2011
Os medios.
Como todos sabedes, xa se pasou da virtualidade da nosa Plataforma , coa unificación entre CES, Figheira do Meco e nós.
Na primeira reunión que se fixo conxuntamente e enfocada aos medios de comunicación, presentes alí os tres representantes das plataformas mencionandas antes, esperamos case unha hora e media polos medios de cominicación que avisamos, sabedes cantos apareceron?? NINGÚN.
Fixose unha nota de prensa, sabedes onde saíu publicada? EN NINGÚN MEDIO.
Frente a nosa oposición contra estre proxecto que tildamos sen dubida algunha como unha ABERRACIÓN, surxen coma fungos as notas de prensa dos seus defensores e promotores, os exemplos son xa varios, solo tedes que ver o último : FARO DE VIGO
O eco que lle da a prensa en xeral aos promotores desta obra e case un amplificador TODO GROVE, pola contra as nosas accións case invisibles aos medios de comunicación son minguneadas e menospreciadas.
Por cada acción que de xeito coordinado que estamos a facer, os promotres e os seus amplificadores sacan unha réplica na prensa, e nós solo figuramos nunha tímida liña "Otros opinan que causará daños al ecosistema natural y que no se trata de una instalación prioritaria", os apoios a dito proxecto son varios, pero nós, pese a quen lle pese non somos "catro indocumnetados" solo no grupo de Facebook somos 800 persoas activas, as firmas contra dito proxecto contanse por CENTOS, os nosos tripticos informativos, están nas zonas máis concurridas, con infomación contrastada e real sobre este proxecto, diversas organizacións medioambientais e sociais de caracter nacional e internacional posicionanse contra este proxectoe apoianos.
Noutra banda os promotores (según eles) teñen 200 afiliados ao seu proxecto, o contraste parecenos máis que claro, cousa que non se ve reflectido nos medios de comunicación, poñendo (baixo a nosa valoración) so unha visión das cousas ,a dos promotores.
Unha das últimas MENTIRAS que nos contan os promotores é sobre o abastecemento de auga do campo de golf, UN TEMA CRUCIAL.
Según eles e cito textualmete : "emplear los manantiales existentes en la zona sin afectar a su uso ni menoscabar predios inferiores, que no hay, pues desembocan en el mar. Para su almacenaje y bombeo se contará con balsas o depósitos preexistentes en la zona y las aguas residuales se conducirán a la red general lindante" , hoxe por hoxe e co que choveu nos últimos días eso mananciais aos que se refiren os promotores case non levan auga, o seu caudal é irrisorio para un campo de golf de 18 buratos, e máis, ditos manaciais secan case por completo no verán, momento onde o abastecemento de auga sería maior para dita obra, están ahí no monte para quen dude destas palabras.
Unha e outra vez, estes señores pretenden mofarse de nós, e intentan enganarnos os mesias do golf, non son máis que vendedores de bulas sen credibilidade ningúnha.
NON O IDES CONSEGUIR !
1 comentario:
Non se permiten insultos nin descalificacións aos usuarios deste blog, todas as opinions son respetables pero hai outros foros e páxinas onde facer debate.
ESTE BLOG É CONTRARIO AO CAMPO DE GOLF DA SIRADELLA.
Todos os comentarios serán revisados e eliminados se os administradores así o vexan necesario.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No fondo son ladróns que nos queren roubar o noso para disfrute duns poucos. Din que os hostaleiros están a favor, pero eu son hostaleiro e négome en rotundo a semellante merda. Se queren aproveitar os terreos, que faciliten o uso e disfrute da zona peos. pero que non estropeen o entorno artificionándoo
ResponderEliminar