O Sr. Alcalde parece ignorar que o Decreto Eólico 242/2007, de 13 de decembro, que regulamenta o aproveitamento da enerxía eólica en Galiza, establece que a Rede Natura é unha zona de exclusión para a construcción de novos parques.
Ademáis, o propio Conselleiro de Medio Ambiente sinalou recentemente a intención da Xunta de promover Declaracións de Impacto Ambiental (DIA) negativas para proxectos eólicos situados tanto na Rede Natura actual como na prevista ampliación. Cómpre lembrar a este respeito que o devandito decreto 242/2007 di claramente que unha DIA negativa supón o rexeitamento automático dun proxecto.
Promover a construción dun campo de golf dentro da Rede Natura, quer no monte Siradella (ZEPA do Complexo intermareal Umia-Ogrobe, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira), conlevará con toda probabilidade unha Declaración de Impacto Ambiental Negativa, xa que a construción e mantemento desta infraestrutura resulta incompatíbel coa preservación dunha área de grande interese ambiental.
Así as cousas, se o proxecto segue adiante ADEGA garantiza que as alegacións apresentadas condicionarán unha Declaración de Impacto Ambiental negativa. E no improbábel caso de que a Consellaría de Medio Ambiente decida facer a vista gorda, enviaremos unha denuncia á Comisión Europea para garantir a preservación dos valores naturais da ZEPA de Ogrobe.
O Sr. Alcalde de Ogrobe faría ben en non misturar allos con bugallos, evidenciando coas súas demagóxicas declaracións un preocupante descoñecemento da lexislación ambiental que, como responsábel público, está obrigado a respectar e facer cumprir.
Fote orixinal e máis extensa : ADEGA
Fote orixinal e máis extensa : ADEGA
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminar¿cal e a razón para que eleminases o comentario de onte? onde se dicia que erades sectarios por non publicar todas as novas do tema? e so publicades as que os conven??..mais que sectarios sodes antidemocraticos, eliminades os comentarios que nos os parecen axeitados a vosa maneira de pensar...eu tamén digo país país...
ResponderEliminarPor un motivo claro e sinxelo, esto é o blog da plataforma CONTRA o campo de golf, e non se vai tolerar que calquera escriba aquí insultos.
ResponderEliminarPor ese motivo borraranse todos aqueles comentarios que nós consideremos non apropiados.
¿sectario e un insulto? eu diría que simplemente e un calificativo, pero se non aceptades que seades criticados ou comentados non veo razón da existencia deste blog. En calquera blog que se preste admitense todos os pareceres veñan de que veñan.
ResponderEliminar¿sectario? ¿antidemocratico? son palabras que utilizades moito cando vos convén. Nótaseche ben que estás ben inculcado.
ResponderEliminarPero inda así, vouche a dar a razón, xa que non creo que sexa bo borrar mensaxes de ningun tipo. Anque, escribir a tua postura como anónimo ¿non é sectario?
Máis que inculcado, diría adoutrinado.
ResponderEliminarEscribir anónimamente: non me vou meter niso; porque ó meu parecer iso forma parte da liberdade de cada un.
En canto a borrar os post´s...non o vexo ben namentres non se insulte ou falte ó respecto e honor das persoas.
A verdade é que non tiven o pracer de ler o teu post querido anónimo. Pero si chamas sectario o adiministrador/es deste foro, por mor de non topar a información ó día, penso que te equivocaches de adxetivo calificativo.
Si a información que ti consideras que falta eiquí fai mención a algo importante, revélanos eses secretos que estamos ardentes do desexo de sabelos...
Eu non teño nada que ver coa creación deste foro, pero dende logo que sí falta información. Boto de menos información aportada polos ferventes defensores do campo de golf, na cal expliquen que motivos hai para que o campo sexa rendable para o pobo e ademáis que farán para que o devandito proxecto, teña un impacto natural (0) para o entorno natural da rede natura 2000. Incluso coma se pode ler por algún foro, que sexa incluso beneficioso para a naturaleza e os animáis salvaxes.....
Porque falar vexo que todo o mundo fala bastante, chamar sectarios os que opinan diferente, calumniar con "ecoloxismos contemplativos", e un largo etcétera que non paga a pena nin escribir.
A toda esa xente que tanto fala, (incluído o alcalde do Concello de O Grove) o que lle pido son probas de que todo o que largan pola boca, é tan maravilloso e que estamos a falar dun proxecto totalmente respectuoso co medio ambiente e características do lugar. Si non teñen nada que dicir ó respecto, que digan abertamente e públicamente que non deñen idea do que falan que digan o que non se atreven a dicir públicamente: que a natureza e o patrimonio natural de todos, lles importa un carajo.
Ese é o mellor exemplo dun sectario, arrastrar ás masas coa sua fé e doutrina, pero sen ningún argumento, simplemente coa fé; todo un exemplo de democracia e patriotismo: Acatar todo o que lle din a un, sen cuestionarse as cousas.
Borramos o comentario polo mero feito que neste blog, feito CONTRA o campo de golf da siradella non se vai tolerar nin o máis mínimo insulto.
ResponderEliminarUn saudo.
comentario para o señor/señora chamado "no-lo dijo": neste blog dase a oportunidade de falar como anonimo, e así o fago eu e alguns mais..¿e ti falas de anonimato? acaso o teu nome "no-lo dijo" ¿e un nome e uns apelidos? ou ¿e totalmente anonimo?
ResponderEliminarperdón, trabuqueime e non se chama "no-lo dijo" chamase "no-lo"
ResponderEliminarpobre incaut@...
ResponderEliminaro que ti digas meu
ResponderEliminar…declaracións feitas a prensa (La Voz de Galicia 10-12-08) polo Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia do bipartito (BNG_PSOE) “…aclaró que no hay ninguna normativa que impida expresamente ubicar un campo de golf en la Red Natura..” pregolle a os administradores do blog que publiquen a noticia
ResponderEliminarhttp://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/12/10/0003_7382225.htm
....eu non uso ninguhna información que non estea publicada nos medios o alcanze de todos
Gracias pola noticia, subiremola xa.
ResponderEliminarde nada meu, e bo que publiquedes todo para que a xente poda fecerse unha idea ben formada con coñecimento de todo os pros, contras, pareceres, opinóns, etc etc, veñan de onde veñan sobre o tema
ResponderEliminarO cal non quere dicir, que o ex Sr. Director Xeral da Conservacón da natureza, non sexa un inepto por dicir cousas dese pelo e calibre, non??.
ResponderEliminarOu é que o señor Jorjito Bush (junior), non dixo un día que había que talar as árbores para previr os incendios?? e por iso todos os demócratas vos ristedes del.... Outra cousa, só cremos a pes xuntiñas, o que nos ten conta e coma un señor coma este, se lle ocorra dicir iso a os medios de comunicación; pois simplemente xa o imos crer. Ja! Incautos...., con eso non dicides nada novo.
O mesmo pasa coas desafortunadas declaracións á prensa do Sr. Alcalde do Grove, nas que dicía que o exemplo era totalmente extrapolable ós parques eólicos. Porque o diga outro inepto máis dende o seu cargo público ímolo crer tamén non??.
Cada un que se saque o puxeiro do lombo, porque así van as cousas con xente tan ignorante. Iso é precisamente o que quere toda a clase política PSOE, PP, BNG, etcétera; canto máis ignorantes mellor: máis manipulables e máis manexables.
Leede máis libros e menos La Voz de Galicia e o Faro de Vigo, que parece que algún os sostén na man como se a biblia fose.
Políticos = manipuladores.
pois nada, non creeremos a ninguén, nin os ecoloxistas ni os técnicos da administracción, nin os políticos, nin os promotores nin a ninguén, ninguén deles ten razón, ninguén sabe do que fala, solo ti a debes ter, pois nada haberá que consultarte solo a ti o que se debe ou non facer...
ResponderEliminarNinguén dixo que ninguén tivera razón. As conclusións sacalas ti só. Agora que, respondoche gustosamente.
ResponderEliminarOutra cousa é que os políticos digan sempre a verdade, o cal é incerto.
Máis ben din o que lles conven. O que digan os promotores, simplemente pélama, o que diga calquer biólogo ou ecoloxista escoitareino e poida ser que teñan razón ou non a teñen.
Dende logo, si son técnicos da administración, dubido moito que calquera poña en perigo o seu traballo indo en contra dunha previa valoración "positiva" da citada administración, (ademáis de intereses económicos); o que vai en contra da corrente, neses casos ou ten moita forza e collóns ou afogase...
Se me queres consultar algo referido á natureza do lugar, e todo o que poida haber de "des-interese-económico" en Feáns-Siradella; estarei moi contento de responderche calquer dúbida que teñas.
Non teño ningún interese económico no lugar, nin interese económico (para aclaralo) en que non se faga ese campo de golf. Algo do que a maioría da xente que está en contra, pode presumir. Facémolo desinteresadamente, non pensamos só nos cartos.
E agora dicirche que tí es o que ten que opinar sobre o tema, a miña opinión vale tanto coma a túa.
Non son ninguén para dicirlle os demáis o que teñen que facer, pero eu o que digo e que non se lle doque ó monte: NOT TO TOUCH THE EARTH.
saudos.