martes, 9 de junio de 2009

Noticias

Diario de Arousa (30/4/2009)

REDACCIÓN > O GROVE
O principal promotor do campo de golf no Monte Feáns, Rafael Sáenz-Díez, da empresa Desarrollo & Gestión de Golf, minimizou as dúbidas expresadas por diversos partidos do cuatripartito, como BNG e Alternativa Meca, sobre o proxecto.

O empresario asegurou que se remite ao “acordo asinado por todos” polo que se lle encarga iniciar as xestións ante as autoridades os informes que avalen o campo, a pesar da súa localización en Rede Natura e a existencia de outras figuras de protección. Sáenz-Díez comprobou na reunión da semana pasada como a proposta inicial era recurtada pola presión de BNG, EU e AMeca, xa que pedía un apoio oficial de todas as forzas para “instar” á Xunta a autorizar o campo.

Sen embargo, estes partidos non só non aceptaron este texto, senón que nos días seguintes expresaron en público as súas dúbidas sobre a viabilidade do proxecto, resaltando que carece de proposta de financiación e modelo de xestión, e advertindo da súa oposición a unha posible recalificación urbanística.

Ademais, a oposición ao campo medra, especialmente na Internet. Diversas asociacións xuvenís ou deportivas amosaron nos últimos días a súa oposición ao proxecto, que suman á xa coñecida de grupos ecoloxistas, e tamén se creou un grupo en contra na rede social Facebook, que conseguiu xa centos de apoios, e no que opinan militantes de Esquerda Unida para atallar as críticas e aclarar que a súa formación en realidade non se comprometeu a nada, só a autorizar que se pidan os informes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non se permiten insultos nin descalificacións aos usuarios deste blog, todas as opinions son respetables pero hai outros foros e páxinas onde facer debate.
ESTE BLOG É CONTRARIO AO CAMPO DE GOLF DA SIRADELLA.
Todos os comentarios serán revisados e eliminados se os administradores así o vexan necesario.