martes, 9 de junio de 2009
Non ao Campo de Golf da Siradella
O Grove, pola súa case que insularidade, non ten superficies verdes dabondo como para facer un campo de golf sen que se produza un grave impacto natural. Todo o área, está protexida dentro dos espazos da rede NATURA, Convenio RAMSAR, Área de especial protección para as aves.., etc. Que este área non chege a ocupar toda extensión do monte Siradella-Feáns, non quere dicir, que esta zona non debe ser protexida DA ESPECULACIÓN e das mans do home, coas súas pretensións nada máis que económicas.
De levarse a cabo a construcción do campo de golf así como unha urbanización colindante, o monte quedaría reducido á nada... isto coa súa correspondente grave deforestación, contaminación do solo por uso de pesticidas, un abuso de consumo do suministro de auga...
É o único monte que temos para desfrutar e debemos loitar para preservalo e que os nosos fillos poidan facelo nun futuro. Precisamente o tesouro que temos no Grove son as paisaxes, está nas nosas mans impedilo...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Non se permiten insultos nin descalificacións aos usuarios deste blog, todas as opinions son respetables pero hai outros foros e páxinas onde facer debate.
ESTE BLOG É CONTRARIO AO CAMPO DE GOLF DA SIRADELLA.
Todos os comentarios serán revisados e eliminados se os administradores así o vexan necesario.